Acreditación de competencias. Convocatoria 2017

Publicada a Orde do 28 de decembro de 2016 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior. Orde e calendario das probas 2017

Convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2017.

Pode consultar a Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017 na seguinte ligazón:

- Orde do 22 de decembro de 2016

Etiquetas: 

Premios a proxectos de innovación na FP. Convocatoria 2017

Convócanse premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 31 de xaneiro de 2017.

Etiquetas: 

Cualificacións provisionais de carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria extraordinaria 2016

Publicadas as listaxes provisionais de cualificacións da convocatoria extraordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 29 de decembro de 2016.

Probas de acceso a ciclos formativos. Convocatoria 2017

Publicado o borrador da Orde pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2017. 

Ten máis información sobre as probas de acceso e detallada por grao en:

Etiquetas: 

Proxectos de formación da convocatoria 2016-2017. Resolución provisional

Resolución provisional da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional para o curso 2016-2017.

Resolución dos programas Lanzadeiras LUGO e Lanzadeiras CORUÑA

Publícase a listaxe definitiva dos centros seleccionados para a súa participación nos programas Lanzadeiras LUGO e Lanzadeiras CORUÑA durante o curso 2016/2017. Esta acción establécese dentro dun ámbito de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación Alcoa.

 

Etiquetas: 

Programa de formación Aprender a Emprender

O programa de formación Aprender a Emprender está dirixido ao profesorado de centros de educación secundaria obrigatoria e formación profesional no que se ofrece as chaves para o adestramento da competencia emprendedora na aula, acompañando o deseño e a implantación dos proxectos nos propios centros educativos.

As novas datas de celebración do curso son os días 12, 13 e 23 de xaneiro de 2017 de 9.30h a 14.30h e de 15.30h a 18.30h na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela

Etiquetas: 

Medalla de bronce para a FP galega nos campionatos europeos EuroSkills2016

A FP galega vén de amosar de novo a súa excelencia a nivel internacional, desta vez nas olimpíadas europeas de Formación Profesional ‘EuroSkills2016’ celebradas en Gotemburgo (Suecia), nas que Gabriel Vilar, alumno do CIFP Compostela, acadou a medalla de bronce na competición de Servizos de Restaurante e Bar. Cómpre salientar que neste certame só se acadaron dous premios para España, o do alumno galego e o de outros dous estudantes, nese caso na categoría de Mecatrónica.

Etiquetas: 

Gañadores GaliciaSkills2016

Logo de dous días de intensas probas, xa temos os gañadores de cada un dos 17 Skills que estiveron a competir no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca de Silleda durante os días 30 de novembro e 1 de decembro.

 

Gañadores GaliciaSkills2016

 

Etiquetas: 
Distribuir contido