Modificación do calendario escolar para o curso 2022-2023

Publicada a Orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2023

Publicada a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de inscrición:

Etiquetas: 

Proxectos de formación para o profesorado de FP 2022-2023. Resolución definitiva

Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 17 de novembro de 2022 da Dirección Xeral Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2022 2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Resolución das bolsas do programa Retorna Mocidade FP 2022-2023

Publicada a Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se publica a resolución pola que se resolven as bolsas do programa Retorna Mocidade establecidas na Orde do 4 de agosto de 2022.

Etiquetas: 

Convocatoria programa eduemprende Finanzas para mortais 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa Finanzas para mortais durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 22 de decembro de 2022 e o 2 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Convocatoria programas eduemprende en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán nos programas Grand Prix Financeiro, Implantación de ferramentas de medios de pagamento na FP, La loca aventura del ahorro, Preparados para o salto e Seguramente, durante o curso 2022/2023.

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións provisionais e exames. Segunda convocatoria 2022

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas da segunda convocatoria 2022 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 28 de decembro de 2022.

Adxudicación das bolsas do Programa Retorna mocidade FP. Próxima publicación da resolución no DOG

Xúntase o texto da resolución polo que se resolve a convocatoria do Programa Retorna Mocidade, coas listaxes das persoas beneficiarias en cada ensinanza, así como as persoas excluídas do programa. Próxima publicación no DOG.

Etiquetas: 

Convocatoria programa eduEmprende Actúa 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa Actúa durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 16 de decembro de 2022 e o 27 de xaneiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Próxima publicación da Orde de convocatoria 2023

Xúntase o texto da Orde pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023. A data prevista de publicación no DOG é o 5 de xaneiro de 2023.

Prazos de presentación de solicitudes:

Etiquetas: 
Distribuir contido