Información orientativa. Ciclos formativos e módulos con prazas dispoñibles e sen listaxe de espera

Aberto o período extraordinario de presentación de solicitudes de setembro ata o día 9 ás 13:00 horas e aínda aberto o prazo de matriculación da 1ª adxudicación extraordinaria do proceso de admisón a ciclos formativos de FP. Coa finalidade de axudar na toma de decisións das persoas interesadas en facer solicitudes destas ensinanzas no período extraordinario, facilítanse listaxes informativas cos seguintes datos:

Etiquetas: 

Publicada a ORDE pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual

Publicada a ORDE do 11 de agosto de 2016 pola que se amplían os proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, autorizados pola Orde do 6 de xuño de 2016.

- Acceda ao texto da Orde do 11 de agosto de 2016

Etiquetas: 

Desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional no curso 2016-2017

Resolución do 4 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2016-2017.

Etiquetas: 

Proxecto IPEYE2

A Cámara de Santiago participa nun proxecto que facilita a “mobilidade” de novos emprendedores e o intercambio de coñecementos con empresarios experimentados en Europa, no marco do Programa “Erasmus para Novos Emprendedores”; o programa permite desenvolver unha cooperación empresarial transnacional.

Convocatoria de estadías prácticas formativas en empresas

A Asociación Erasmus Compostela convoca 20 estadías prácticas formativas en empresas, de 4 meses de duración, en Reino Unido, Italia e  Portugal para mozos e mozas de menos de 30 anos.

Este programa ten como obxectivo que se reforce a empregabilidade e as competencias profesionais, ao mesmo tempo que adquiren competencias en idiomas extranxeiros.

A idade mínima dos/as participantes é de 18 anos e o prazo de solicitudes remata o 13 de xullo de 2016 as 14:00 horas.

Cualificacións definitivas de carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria ordinaria 2016

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións da convocatoria ordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Formación Profesional Dual. Listaxe definitiva de solicitudes. Curso 2016-2017

Publicadas as listaxes definitivas de solicitudes de admisión aos proxecto experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 6 de xuño de 2016 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades

Etiquetas: 

Proxectos de formación. Resolución de avaliación

Publicada a Resolución de avaliación da Comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes a FP dual

Amplíase o prazo de presentación de solicitudes para os proxectos de formación profesional dual de ciclos formativos convocados pola orde do 6 de xuño de 2016, que tras a finalización do período establecido nesta orde, do 17 o 28 de xuño, aínda dispoñen de prazas vacantes.

Etiquetas: 
Tema: 

Formación Profesional Dual. Listaxe provisional de solicitudes. Curso 2016-2017

Publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de admisión aos proxecto experimentais de formación profesional dual autorizados na Orde do 6 de xuño de 2016 pola que se autorizan proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos, en colaboración con diversas entidades

Etiquetas: 
Distribuir contido