Convocatoria para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada 2024

Convócase o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 9 de xaneiro ata o 19 de febreiro de 2024, ambos os dous incluídos.

Exención da taxa de asesoramento e da taxa de avaliación do Procedemento ARA

No DOG Núm. 246, do venres 29 de decembro de 2023, publicouse a Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.

No capítulo II desta lei, que trata dos tributos propios, o artigo 6.2 modifica o apartado 10 do artigo 23 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución definitiva de proxectos de formación do profesorado de FP e ensinanzas de réxime especial 23/24

Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 14 de setembro do 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial que se van a implantar no curso 2023-2024 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación profesional e Universidades.

Proposta provisional de resolución do concurso Eduemprende Idea 2023

Publicada a proposta provisional de resolución do concurso Eduemprende Idea 2023, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (Orde do 9 de novembro de 2023).

Ábrese un prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ao desta publicación para que as persoas interesadas poidan presentar alegacións ou emendas da forma prevista no artigo 7 da orde de convocatoria.

Etiquetas: 

Avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para profesorado

Publicada a resolución de avaliación da comisión de selección e avaliación de estadías formativas en empresas ou organismos equiparados para o ano 2023 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza FCT ou FP dual

Publicada no DOG a Orde do 28 de novembro de 2023 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP dual, convocadas pola Orde do 19 de xullo de 2023.

Etiquetas: 

Publicación dos exames da 2ª convocatoria 2023 das probas de carnés e habilitacións profesionais.

Publicación dos exames da segunda convocatoria 2023 das probas para obtención de carnés e habilitacións profesionais:

Habilitacións profesionais. Listaxe de cualificacións provisionais. Segunda convocatoria 2023.

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 18 de decembro de 2023.

Listaxe definitiva de equipos presentados ao programa InnovaTech FP 2023/24

Publicada a listaxe definitiva de equipos presentados á convocatoria da Resolución do 9 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa InnovaTech FP e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24.

Etiquetas: 

Listaxe provisional de equipos presentados ao programa InnovaTech FP 2023/24

Publicada a listaxe provisional de equipos presentados á convocatoria da Resolución do 9 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa InnovaTech FP e se establecen as bases para a participación dos centros docentes sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24.

Etiquetas: 
Distribuir contido