Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións definitivas. Segunda convocatoria 2022

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións das probas da segunda convocatoria 2022 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Resolucións mobilidades do proxecto Erasmus+ KA116-2020

Publicada a Resolución da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan axudas de mobilidade para o alumnado de ciclos formativos de grao medio e grao básico de centros educativos que forman parte do consorcio de mobilidade que desenvolverá un proxecto KA116 con múltiples beneficiarios no marco do programa Erasmus+. Proxecto 2020-1-ES01-KA116-079503.

Estadías formativas 2022. Avaliación da comisión de selección

Publicada a avaliación da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2022 dirixidas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial e das artes plásticas e o deseño.

Modificación do calendario escolar para o curso 2022-2023

Publicada a Orde do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Etiquetas: 

Probas de acceso a ciclos de grao medio e superior. Orde de convocatoria 2023

Publicada a Orde do 5 de decembro de 2022 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2023 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazos de inscrición:

Etiquetas: 

Proxectos de formación para o profesorado de FP 2022-2023. Resolución definitiva

Publicada a resolución definitiva de proxectos de formación presentados á convocatoria do 17 de novembro de 2022 da Dirección Xeral Formación Profesional pola que se convocan proxectos de formación do profesorado de formación profesional que se van implantar no curso 2022 2023 en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Resolución das bolsas do programa Retorna Mocidade FP 2022-2023

Publicada a Orde do 16 de decembro de 2022 pola que se publica a resolución pola que se resolven as bolsas do programa Retorna Mocidade establecidas na Orde do 4 de agosto de 2022.

Etiquetas: 

Convocatoria programa eduemprende Finanzas para mortais 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa Finanzas para mortais durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 22 de decembro de 2022 e o 2 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Convocatoria programas eduemprende en colaboración coa Fundación Galicia Obra Social 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán nos programas Grand Prix Financeiro, Implantación de ferramentas de medios de pagamento na FP, La loca aventura del ahorro, Preparados para o salto e Seguramente, durante o curso 2022/2023.

Etiquetas: 

Carnés e habilitacións profesionais. Cualificacións provisionais e exames. Segunda convocatoria 2022

Publicada a listaxe provisional de cualificacións das probas da segunda convocatoria 2022 para a obtención de determinados carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar reclamación ata o día 28 de decembro de 2022.

Distribuir contido