Seminario sobre ciberseguridade no CIFP Politécnico de Santiago

O día 1 de xuño de 16 a 21 horas no salón de actos do CIFP Politécnico de Santiago impartirase por parte da Unidade de Delitos Telemáticos da Garda Civil o seminario Ciberseguridad: un futuro de posibilidades a tu alcance, dirixido a profesorado e alumnado galego dos cursos de especialización de Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información e Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación, así como da familia profesional de Informática e Comunicacións.

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Exames e respostas da convocatoria 2023

Publicados os exames e as respostas da convocatoria 2023 de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Etiquetas: 

Espazos de tecnoloxía aplicada na FP. Convocatoria 2023

Convócase o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 26 de maio ata o 14 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.

Aulas de emprendemento na FP. Convocatoria 2023

Publicada a Resolución do 23 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Aulas de emprendemento na Formación Profesional en centros públicos que impartan ciclos medios e superiores de Formación Profesional dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 26 de maio de 2023 e o 14 de xuño de 2023, ambos os dous incluídos.

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2022-2023. Prazas liberadas

Pódese consultar a dispoñibilidade de prazas vacantes durante o período de matrícula na seguinte listaxe:

Etiquetas: 

Resolución pola que se regulan as ensinanzas de FP plurilingües para o curso 2023-2024

Publicada a Resolución do 19 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2023-2024 no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Prazo de solicitude: desde o día 23 de maio ata o día 20 de xuño de 2023, os centros educativos poderán solicitar a súa participación.

Etiquetas: 

Premios a proxectos de innovación na FP. Relación de proxectos premiados. Convocatoria 2023

Publicada a Resolución do 12 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se resolven os premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito da Formación Profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convocados na resolución do 23 de xaneiro de 2023.

Etiquetas: 

Convocatoria do programa eduemprende Lanzadeiras Lugo 2022-2023

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa Lanzadeiras Lugo durante o curso 2022/2023.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 11 de maio de 2023 e o 20 de maio de 2023, ambos os dous incluídos.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). 1ª adxudicación ordinaria. Curso 2022-2023

Publicada a listaxe da 1ª adxudicación ordinaria para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Período de matriculación para o alumnado: desde as 9:00 do día 10 de maio ata as 13:00 do día 19 de maio no centro no que teña praza adxudicada.

Etiquetas: 

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Listaxe definitiva de solicitudes. Curso 2022-2023

Publicada a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas para as probas libres para a obtención de titulos de FP (LOE).

Etiquetas: 
Distribuir contido