Premios europeos á innovación na Formación Profesional 2017

Entre o 20 e o 24 de novembro de 2017 celebrarase en Bruxelas a segunda Semana Europea da Formación Profesional.

Etiquetas: 

Xornada de Difusión de Programas Erasmus+ FP (KA102 e KA202)

O vindeiro 27 de setembro de 2017 terá lugar unha xornada de difusión de Programas Europeos Erasmus+ (KA102 e KA202) no CIFP Politécnico de Santiago, en Santiago de Compostela.

Esta xornada, durante a que se darán a coñecer as novidades da convocatoria 2018, forma parte dun plan de difusión de accións Erasmus+ organizado pola Unidade de Formación Profesional do SEPIE (Servizo Español para Internalización da Educación).

O prazo de inscrición remata ás 12:00 horas (hora peninsular) do 26 de setembro.

Bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra

O Servizo de Promoción do Emprego e Desenvolvemento Local e de Recursos Humanos e Formación da Deputación de Pontevedra, convoca bolsas de práctica laboral en empresas da provincia de Pontevedra, destinadas a persoas con titulación universitaria ou de formación profesional de grado superior, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ao mercado laboral mediante a realización dunha práctica laboral nunha empresa

Etiquetas: 

Carnés profesionais. Listaxe provisional de solicitudes. Convocatoria extraordinaria 2017

Publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas da convocatoria extraordinaria 2017 de probas de carnés e habilitacións profesionais.

Concurso de deseño e realización de cadeiras de madeira

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca un concurso de deseño de prototipos de cadeira, como parte das actuacións asociadas ao proxecto expositivo Da árbore á cadeira, que ten lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia desde o 7 de abril ata o 5 de novembro de 2017.

Este concurso vai dirixido ás Escolas de Arte e Superiores de Deseño e aos centros de Formación Profesional, atendendo á natureza dos estudos impartidos e aos contidos curriculares.

Etiquetas: 

V Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a quinta edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia, e que contan coa colaboración do Igape.

Os premios Emprende Gaiás-Sixto Seco buscan poñer en marcha ideas ou proxectos innovadores no mundo das industrias culturais artelladas en tres modalidades:

Etiquetas: 

30 aniversario do Programa Erasmus+

A celebración do 30 aniversario do Programa Erasmus+: 30 ANOS ENRIQUECIENDO VIDAS, ABRINDO MENTES de Formación Profesional, terá lugar o martes 26 de setembro de 2017 en Santiago de Compostela.

A data límite para realizar a preinscrición é o martes 12 de setembro ás 14:00 horas (hora peninsular), a través da seguinte ligazón, onde atoparán tamén o programa de actividades da xornada:

Convocatoria para participar no programa Atrévete 2017 - 2018

No curso 2017-2018 o programa Atrévete desenvolverase en colaboración coas diferentes asociacións que se detallan abaixo:

Etiquetas: 

Instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP no curso 2017-2018

Resolución do 3 de agosto de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2017/18.

Decreto 71/2017 polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos

Publicado o Decreto 71/2017, do 24 de maio, polo que se establecen seis currículos de títulos profesionais básicos.

Decreto 71/2017

Os anexos corresponden ás seguintes familias profesionais:

Etiquetas: 
Distribuir contido