Xornada orientación profesional: ámbito educativo laboral. Curso 17-18

O vindeiro mércores 29 de novembro de 2017, realizarase no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, na rúa Miguel Ferro Caaveiro s/n - San Lázaro, en Santiago de Compostela, a "Xornada de orientación profesional: ámbito educativo e laboral. Curso 2017-2018". Esta xornada está dirixida aos profesionais de orientación dos centros educativos e do ámbito laboral. Trataranse aspectos relacionados coa cualificación das persoas, a súa empregabilidade e as medidas de apoio dispoñibles.

Xornada para axentes intermedios: Mergúllate na economía social

A Rede Eusumo organiza o próximo 13 de decembro, no salón de actos do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), Rúa de San Lázaro 107, Santiago de Compostela, a “Xornada para axentes intermedios: Mergúllate na economía social”.

Listaxe de persoas convocadas segunda parte da proba de guindastre móbil autopropulsado, categoría B

Publicada a listaxe de persoas convocadas para a segunda parte da proba (demostración real no manexo do guindastre) da especialidade de  guindastre móbil autopropulsado, categoría B.

Job Day Galicia-Norte de Portugal. Ofertas de emprego no sector do metal

O próximo 27 de novembro de 2017 terá lugar a sexta edición do Job Day da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, na Escola Superior de Ciencias Empresariais, en Valença, dedicado ao sector do metal. Os seus obxectivos son promover a contratación de traballadores na Eurorrexión e fomentar a cooperación transfronteriza entre empresas.

Etiquetas: 

Participación da FP galega en Sportur Galicia

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa participa en Sportur Galicia, primeiro salón do deporte e turismo activo, cun stand de información sobre a Formación Profesional e un espazo virtual 3D con gafas de realidade virtual, coas que coñecer as aulas máis modernas da FP en Galicia. Cóntase coa colaboración do alumnado dos ciclos formativos das familias profesionais de Actividades físicas e deportivas e Hostalaría e Turismo do CIFP A Farixa.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Recoñecemento estudantes de Educación Superior Erasmus+ 2017

A Unidade de Educación Superior do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) organizará o acto final de celebración do 30 aniversario do programa Erasmus+, que terá lugar en Madrid o día 18 de decembro de 2017.

Nese acto concederanse recoñecementos ao labor realizado polos estudantes de Educación Superior no curso académico 2016-2017 que participaran en proxectos do programa Erasmus+ e que destacaran durante a súa experiencia de mobilidade a outro país do programa.

Actualización da normativa de validacións de módulos profesionais

Publicada a Orde ECD/1055/2017, do 26 de outubro, pola que se modifica a Orde ECD/2159/2014, do 7 de novembro, pola que se establecen validacións entre módulos profesionais de formación profesional do Sistema Educativo Español.

Etiquetas: 

Listaxe de proxectos premiados no concurso eduemprende Idea 2017

Publicada a listaxe definitiva dos proxectos premiados no concurso eduemprende Idea 2017 (Orde do 30 de marzo de 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, publicada no Diario Oficial de Galicia do 17 de abril do 2017), elaborada pola comisión avaliadora do devandito concurso.

Etiquetas: 

Reportaxe sobre a FP Dual en Galicia de RTVE

O pasado 28 de outubro de 2017, no programa da segunda canle de Televisión Española "España en comunidade", emitiuse unha reportaxe sobre a FP Dual en Galicia, en concreto sobre os grandes resultados do ciclo de Mecatrónica Industrial, que oferta o CIFP Politécnico de Santiago en colaboración coa empresa Financiera Maderera, S.A.

Etiquetas: 

Proxectos de formación para o profesorado de FP. 2017-2018

Publicada a convocatoria de proxectos de formación específicos para o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional en centros públicos para o curso 2017-2018.

Convócanse 75 proxectos de formación do profesorado de formación profe­sional, nos centros educativos de niveis non universitarios que impartan estas ensinanzas.

Distribuir contido