Recoñecemento estudantes de Educación Superior Erasmus+ 2017

A Unidade de Educación Superior do Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE) organizará o acto final de celebración do 30 aniversario do programa Erasmus+, que terá lugar en Madrid o día 18 de decembro de 2017.

Nese acto concederanse recoñecementos ao labor realizado polos estudantes de Educación Superior no curso académico 2016-2017 que participaran en proxectos do programa Erasmus+ e que destacaran durante a súa experiencia de mobilidade a outro país do programa.

Co obxectivo de recopilar as experiencias exitosas levadas a cabo, os centros educativos deberán devolver as fichas cumprimentadas cos datos dos candidatos, ata o 24 de novembro de 2017, ao enderezo electrónico movilidad.es@sepie.es, indicando como asunto "Reconocimiento estudiantes Erasmus+ 2017".

Os dous estudantes seleccionados polo SEPIE serán invitados a dita celebración para recibir o seu recoñecemento durante a cerimonia.