Convocatoria programa "Implantación ferramentas de medios de pagamento"

Convocatoria do programa "Implantación de ferramentas de medios de pagamento en formación profesional", enmarcado dentro do convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade financeira Abanca Corporación Bancaria S.A para o desenvolvemento de actuacións conxuntas a favor do desenvolvemento do espírito emprendedor, no marco de Eduemprende.

Etiquetas: 

Cualificacións definitivas de carnés e habilitacións profesionais. Convocatoria extraordinaria 2017

Publicada a listaxe definitiva de cualificacións da convocatoria extraordinaria de carnés e habilitacións profesionais.

Contra esta listaxe poderase presentar recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partires do 29 de xaneiro de 2018.

Presentación do proxecto Miniempresas Lugo 2017-18

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa presentou o 25 de xaneiro de 2018, no IES María Sarmiento de Viveiro, unha nova edición do proxecto Miniempresas Lugo. Na presentación participaron tamén a subdirectora xeral de Formación Profesional, a xefa territorial de Educación da provincia de Lugo, o delegado de El Progreso na Mariña, a directora de Planta Alúmina e a directora do IEs María Sarmiento. Os centros florais foron cedidos polo IES Plurilingüe San Rosendo.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Presentación do proxecto Miniempresas Coruña 2017-18

O director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa presentou o 24 de xaneiro de 2018, no CIFP Someso, unha nova edición do proxecto Miniempresas Coruña. Na presentación participaron tamén a subdirectora xeral de Formación Profesional, o director de desenvolvemento de La Opinión e o director da fábrica de Alcoa da Coruña.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Orde do 8 de xaneiro de 2018. Certificación persoal na manipulación de gases fluorados

Publicada a Orde 8 de xaneiro de 2018, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se establece o procedemento de expedición de certificados das persoas que manipulen os gases fluorados e os equipamentos baseados neles.

Axudas FCT

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2017 pola que se fai pública a resolución das axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo, convocadas pola Orde do 3 de maio de 2017.

Etiquetas: 

Xornada de difusión do proxecto europeo KA 202 SFATE

O próximo xoves 18 de xaneiro desenvolverase unha xornada de difusión do proxecto SFATE (Smart Farm Training for Employment) que está a coordinar a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Proxectos de formación da convocatoria 2017-2018. Resolución definitiva

Publicada a Resolución definitiva da comisión de selección de proxectos de formación para profesorado de Formación Profesional.

1ª xornada de formación do programa de voluntariado de Finanzas para mortais

Hoxe celebrouse no CIFP Politécnico de Santiago a 1ª xornada de formación para alumnado do ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas, dentro do programa de voluntariado de Formación Profesional do Programa Fianazas para Mortais. Esta xornada está enmarcada dentro do Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro (UCEIF) e o Banco Santander S.A.

Etiquetas: 
Multimedia: 

Acreditación de competencias. Convocatoria 2018

Publicada a Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.

Distribuir contido