Selección de estadías formativas 2018. Resolución provisional

Publicada a Resolución provisional da comisión de selección de estadías formativas en empresas ou institucións para o ano 2018 destinadas ao profesorado dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, e das artes plásticas e o deseño.

II Feira da Enerxía de Galicia

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa estivo presente na II Feira da Enerxía de Galicia, celebrada os días 22, 23 e 24 de marzo no recinto da Feira Internacional de Galicia Abanca en Silleda.

Multimedia: 

Xornada formativa "Apaixónate 2018"

O próximo 14 de abril desenvolverase a xornada formativa "Apaixónate 2018", no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, centrada en como a paixón polo que fas ilustra o camiño cara o éxito.

A inscrición está dispoñible a través aplicación en fprofe, buscando a actividade Apaixónate, con referencia G1702045.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao superior. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2018

Publicadas as instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2018.

Etiquetas: 

Probas de acceso a grao superior. Listaxe definitiva de solicitudes e exencións. Convocatoria 2018

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2018.

Etiquetas: 

Acto de entrega de premios do Programa "Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro"

O pasado 13 de marzo de 2018, na refinería Repsol en A Coruña, tivo lugar o acto de entrega de premios do Programa "Emprendemento en FP, Proxecta o teu Futuro", desenvolvido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Fundación Repsol e CISE durante o curso 2017/2018.

Etiquetas: 
Multimedia: 

TVG. Convocatoria de proba para un contrato en prácticas

Convocatoria do proceso de selección para un contrato en prácticas na categoría laboral de Relacións Públicas en Corporación Radio e Televisión de Galicia, S. A.

As persoas aspirantes deberán enviar mediante correo electrónico ao enderezo proceso.seleccion@crtvg.es un currículo segundo as instrucións do ficheiro xunto (accesible premendo en Máis información) indicando que é para esta proba.

Etiquetas: 

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais. Convocatoria 2018

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018. Data de publicación: 13.03.2018

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio. Período de inscrición. Convocatoria 2018

Comezo do período de inscrición de probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Prazo de inscrición: do 12 ao 23 de marzo de 2018, ambos incluídos.

Pode consultar a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2018 na seguinte ligazón:

Etiquetas: 

Edugal. Pontevedra 2018

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participa en Edugal Pontevedra 2018, o VII Salón da oferta de educación e formación de Galicia, que se celebra no Recinto Ferial de Pontevedra os días 7, 8 e 9 de marzo de 2018.

No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación relacionada con:

Multimedia: 
Distribuir contido