GaliciaSkills23 - Deseño mecánico - CAD
MÓDULO I: Conxuntos mecánicos e planos
Título: Aeroxerador
Realización do deseño 3D da ensamblaxe dun aeroxerador. Para iso empregaranse as pezas e as ensamblaxes dadas. Ademais haberá que modelar algunhas pezas a partir dos planos achegados.
Como resultado das tarefas de deseño haberá que crear algún plano con vistas dalgunha peza do aeroxerador e das súas ensamblaxes.
MÓDULO II: Desafío de deseño mecánico
Realización do deseño 3D dun jacket, onde irá situado o aeroxerador do módulo anterior.
Tamén haberá que realizar a simulación da súa situación no mar, e un vídeo co movemento das pas.
Como resultado das tarefas de deseño haberá que crear o plano do jacket e o plano en perspectiva isométrica da súa situación no mar co aeroxerador.
MÓDULO III: Enxeñaría inversa desde un modelo físico: redutora
A competición consiste en realizar o deseño 3D de varias pezas dunha redutora, completar con elas a ensamblaxe da redutora, producir un vídeo que amose a correcta montaxe do conxunto e completar as cotas que se piden no plano de conxunto.
