Materiais e recursos didácticos nas ensinanzas de FP

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, coa finalidade de facilitar e garantir a mellor formación posible ao alumnado de formación profesional nesta situación de illamento creada pola pandemia do COVID-19, pon a disposición de todo o profesorado que imparte docencia nas ensinanzas de formación profesional materiais didácticos de apoio ao proceso de ensino-aprendizaxe.

Seguindo as instrucións do vídeo, pódese acceder aos recursos educativos utilizados para impartir as ensinanzas de FP na modalidade a distancia en Galicia e, os materiais realizados polo propio profesorado de formación profesional, no marco de licenzas de formación convocadas durante os últimos oito anos. Progresivamente iranse incorporando máis materiais didácticos doutros ciclos formativos.

Outros recursos:

Etiquetas: