Evento multiplicador do proxecto Erasmus+ FUTUREfacing no CIFP Politécnico de Santiago

O próximo 26 de xuño terá lugar a celebración do Evento Multiplicador do Proxecto FUTUREfacing no CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela). Trátase dun proxecto Erasmus+ KA202, centrado no acabado e revestimento do moble e integrado por un consorcio de socios procedentes de catro países europeos: Estonia, Inglaterra, Italia e España.

No evento mostraranse os resultados acadados no proxecto mediante breves relatorios a cargo dos socios e, a continuación, o público asistente poderá probar o simulador virtual de vernizado así como asistir ás demostracións interactivas in situ de técnicas de acabado e revestimento a cargo de Ilva, Finsa e a escola de Formación Profesional de Rakvere (Estonia).