Erasmus.es. Curso 2015-2016

No BOE de 27 de abril de 2015 publicouse a Orde pola que se establecen as bases reguladoras da convocatoria Erasmus.es financiada polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

A través desta Orde as institucións de educación superior, participantes no programa Erasmus+, que desenvolvan programas de mobilidade de estudos ou prácticas de alumnos KA1, poderán solicitar a concesión de axudas para a mobilidade doutro alumnado distinto ao participante na KA1.

O prazo de presentación permanecerá aberto 20 días naturais contados dende o día seguinte ao de publicación desta convocatoria.

Convocatoria: http://www.boe.es/boe/dias/2015/04/29/pdfs/BOE-A-2015-4706.pdf