MECD. Convocatoria de axudas para proxectos de mellora e aprendizaxe do alumnado

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convocou a través da Resolución do 30 de setembro de 2014, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades axudas para o deseño e aplicación de proxectos de mellora do aprendizaxe do alumnado por agrupacións de colaboración profesional entre centros sostidos con fondos públicos de diferentes comunidades ou ciudades autónomas.

As agrupacións deberán estar formadas por centros ou unidades educativas de, polo menos, dúas comunidades ou cidades autónomas distintas, e desenvolverán plans estratéxicos que conduzan á mellora da aprendizaxe. Estas axudas financiarán as actuacións desenvolvidas ao longo de 2015.

Poderán ser beneficiarios destas axudas os centros ou unidades educativas que impartan os seguintes ensinos: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional, Educación de Persoas Adultas e Ensinos de Réxime Especial.

Para facilitar o contacto entre centros de distintas comunidades ou cidades autónomas, co fin de constituír agrupacións, creouse unha comunidade profesional no espazo Procomún. Para poder establecer estes contactos o centro debe darse de alta como membro da comunidade PROMECE.

A información completa atópase na convocatoria publicada no BOE. As solicitudes faranse a través da Sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Pódese acceder á convocatoria desde a seguinte ligazón:

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de quince días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da resolución.

Etiquetas: