Xornada técnica: A biblioteca escolar na Formación Profesional

O vindeiro luns 12 de maio de 2014, o profesorado responsable das bibliotecas dos 19 Centros Integrados de Formación Profesional da Comunidade Autónoma, reunirase en Santiago de Compostela (CIFP Compostela), nunha xornada técnica que afondará no papel e nas posibilidades que ofrece a biblioteca nos centros que imparten ensinanzas de formación profesional. 

Esta actividade, que xorde como proposta desde o programa de bibliotecas escolares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  como resultado das necesidades observadas, é froito da colaboración entre a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. 

Durante toda a xornada, os participantes  poderán coñecer as experiencias da biblioteca de tres centros (dous galegos e un portugués), así como as experiencias doutros dous centros de ensino secundario, neste caso especificamente no tratamento das competencias informacionais e o fomento da lectura entre o alumnado xove e e as persoas adultas, mediante a fórmula dos clubs de lectura. Haberá, así mesmo, tempo para o debate e a reflexión conxunta, da que se extraerán as pertinentes conclusión.

- Programa