Convocatoria proxecto de Formación Profesional Dual

Publicada en DOG a Orde do 10 de xaneiro de 2013 pola que se autoriza un proxecto experimental de formación profesional dual do ciclo formativo de grao superior de sistemas de telecomunicacións e informáticos no CIFP Politécnico de Santiago, en colaboración coa empresa Coremain SLU.

  • O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de xaneiro ata as 13.00 horas do día 25 de xaneiro de 2013.

 

  • As instancias deberán presentarse na secretaría do Centro Integrado de Formación Profesional Politécnico de Santiago, de Santiago de Compostela axustándose esta ao modelo establecido no anexo VI da Orde do 5 de xuño de 2007.

 

- Máis información

Data: 
Luns, 21/01/2013 - 12:00am - Ven, 25/01/2013 - 1:00pm