2ª relación de persoas admitidas no período extraordinario nos ciclos formativos.
Hoxe, ata as 13:00 horas, as persoas adxudicadas na segunda relación extraordinaria de persoas admitidas nos ciclos formativos de Formación Profesional, poderanse matricular ou ben renunciar á praza adxudicada.
O feito de renunciar á adxudicación dunha praza é condición indispensable para quedar en listaxe de espera nas opcións de maior preferencia. As persoas solicitantes admitidas que non se matriculen e non presenten renuncia no prazo indicado perderán o dereito á súa praza e, nese caso, procederase á súa escolarización ao final do proceso, se houber vacantes.
Data:
Xov, 27/09/2012 - 12:00am - 1:00pm