Calendario de publicación das listaxes das persoas admitidas

Rematado o prazo de presentación de escritos de emenda de documentación, tras a publicación das listaxes de solicitantes, e tendo en conta o disposto no artigo 9  puntos c) e d) da Orde do 29 de decembro de 2011, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9 de xaneiro de 2012), establécese o seguinte calendario:

  • Publicación de listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas: 19 de abril de 2012
  • Prazo de presentación de reclamacións: do 20 ao 30 de abril (ambos incluídos)
  • Publicación de listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas: 8 de maio de 2012
  • Inicio da fase de asesoramento: 9 de maio de 2012