M09001

 

M09001 - Equipos electrónicos de consumo

Familia: Electricidade e electrónica
Sistema educativo: LOXSE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: M09001
Documentación: RD
DOG
DOC

 

Que se aprende a facer?
Instalar e manter equipos electrónicos de consumo, de son e imaxe, microinformáticos e terminais de telecomunicación, realizando o servizo técnico posvenda en condicións de calidade e tempo de resposta axeitadas.

 

Onde se realiza o traballo?
Execución e mantemento de instalacións do seu ámbito tecnolóxico e mantemento de equipos electrónicos de consumo.

 

En que postos de traballo?
Técnico reparador de equipos de son, técnico en instalacións de son, reparador de receptores de radio, TV e equipos afíns, antenista de radio e TV, técnico de ordenadores e equipamentos auxiliares, instalador-montador de equipos telefónicos e telemáticos, reparador de instalacións telefónicas e reparador de electrodomésticos.

 

Cales son os módulos deste ciclo?

Módulos Horas
Administración, xestión e comercialización na pequena empresa 80
Calidade 55
Electrónica dixital e microprogramable 215
Electrónica xeral 215
Equipos de imaxe 200
Equipos de son 185
Equipos microinformáticos e terminais de telecomunicación 220
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 380
Horas á disposición do centro 80
Instalacións básicas 130
Relacións no equipo de traballo 55
Sistemas electrónicos de información 130

 

Que título se obtén?
Técnico en equipos electrónicos de consumo.

 

A que outros estudos se pode acceder?
Acceso directo ao bacharelato e a calquera outro ciclo formativo de grao medio e, mediante proba, aos ciclos de grao superior.




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).