Iniciativas fronte ao COVID-19. Innovación no deseño e fabricación no material de protección

CIFP As Mercedes
CIFP As Mercedes
CIFP As Mercedes

CIFP As Mercedes (Lugo)

Desde o centro educativo, o profesorado está a fabricar 500 pantallas de protección facial de acetato ao día. Este material é  lavable, reciclable e de baixo custo. 

Fixeron entrega de máis de 7000 pantallas  a centros de saúde, residencias de maiores, asociacións, centros sociais e persoal de servizos e seguridade atendendo á demanda non só da provincia, senón tamén a servizos fóra dela. 


CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra
CIFP Ferrolterra

CIFP Ferrolterra (Ferrol)

Profesorado deste centro educativo, xunto con alumnado de FP dual, deseñou e fabricou diversos materiais para ser utilizados por persoal sanitario. Estes materiais comprenden:

  • Unha cápsula de protección de uso cirúrxico para médicos especialistas en Otorrinolaringoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
  • Elementos de protección para evitar o dano que producen as máscaras nas orellas.
  • Adaptadores para transformar as máscaras de mergullo en máscaras de protección para uso sanitario en intervencións cirúrxicas.
  • 4000 pantallas protectoras entregadas a centros sanitarios, residencias de maiores, Policía, Garda Civil, persoal de supermercados e tendas da comarca. Esta axuda estendeuse tamén a un hospital de Madrid.

CIFP Manuel Antonio
CIFP Manuel Antonio
CIFP Manuel Antonio
CIFP Manuel Antonio
CIFP Manuel Antonio
CIFP Manuel Antonio

CIFP Manuel Antonio (Vigo)

Profesorado e alumando deste centro educativo deseñaron e fabricaron diferentes materiais que foron entregados a residencias de maiores, ao Banco de Alimentos, a COGAMI, ao Hospital Álvaro Cunqueiro, ao Hospital Meixoeiro, ao Hospital Montecelo de Pontevedra, á Policia Local de Vigo e á Brigada Galicia VII (Brilat). O material doado consistiu en:

  • Máscaras de tecido antibacteriano.
  • Pantallas protectoras.
  • Batas de uso hospitalario.

CIFP Politécnico de Lugo

CIFP Politécnico de Lugo (Lugo)

Profesorado deste centro educativo doou pantallas faciais de protección elaboradas con impresoras 3D ao 061, ao Punto de Atención Continuada, á Policía e a diferentes farmacias da localidade. 

Esta actuación enmárcase na colaboración coa iniciativa Coronavirus Makers Galicia.


CIFP Politécnico de Santiago

CIFP Politécnico de Santiago (Santiago de Compostela)

Este centro educativo colaborou co grupo Maker de Santiago de Compostela na fabricación de pantallas de protección, facilitando impresoras 3D e 12 bobinas de filamento.


CIFP Valentín Paz Andrade
CIFP Valentín Paz Andrade
CIFP Valentín Paz Andrade
CIFP Valentín Paz Andrade
CIFP Valentín Paz Andrade
CIFP Valentín Paz Andrade

CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo)

O profesorado deste centro educativo fabricou, usando impresoras 3D, material destinado a uso sanitario, que foi doado ao hospital do Meixoeiro, ao centro de saúde de Matamá e á Cooperativa farmeceútica do Noroeste. O material fabricado foi:

  • Pantallas protectoras.
  • Pezas para evitar danos ocasionados polo uso das pantallas.
  • Pezas para evitar o contacto directo con elementos susceptibles de contaxio.

IES de Rodeira
IES de Rodeira
IES de Rodeira
IES de Rodeira
IES de Rodeira
IES de Rodeira
IES de Rodeira
IES de Rodeira

IES de Rodeira (Cangas)

Profesorado deste centro educativo fabricou, usando impresoras 3D, material destinado a uso sanitario, que foi entregado aos centros de saúde de Cangas e Moaña; á Protección Civil de Cangas e Bueu; á Policía local de Cangas, Bueu e Vigo; aos hospitais Álvaro Cunqueiro, Povisa e Montecelo; ao centros de maiores de Cangas e Meixoeiro; e aos Concellos de Cangas e Bueu. O material fabricado foi:

  • 1050 pantallas protección.
  • 500 ganchos para evitar tocar portas.
  • 3500 salvaorellas.

IES Gregorio Fernández
IES Gregorio Fernández
IES Gregorio Fernández

IES Gregorio Fernández (Sarria)

Profesorado deste centro educativo fabricou, usando impresoras 3D, material destinado a uso sanitario, que foi entregado ao Hospital Universitario Lucus Augusti. O material fabricado foi:

  • 103 pantallas protectoras.
  • 123 pezas para evitar danos ocasionados nas orellas polo uso de máscaras e pantallas.

IES Lois Peña Novo
IES Lois Peña Novo
IES Lois Peña Novo
IES Lois Peña Novo
IES Lois Peña Novo

IES Lois Peña Novo (Vilalba)

Profesorado do centro participa no grupo de voluntarios Makers Vilalba, para a fabricación de pantallas protectoras e enganches para máscaras. O centro aporta tamén 3 impresoras 3D a este grupo de voluntarios, que xa fabricou máis de 1.300 pantallas e máis de 500 enganches para máscaras.


IES Monte Neme
IES Monte Neme
IES Monte Neme
IES Monte Neme
IES Monte Neme
IES Monte Neme

IES Monte Neme (Carballo)

Profesorado deste centro educativo fabricou pantallas protectoras faciais dentro da súa Aula Maker Nemet.

A colaboración con distintas empresas e o material aportado por diferentes entidades e polo propio alumnado fixeron posible a entrega de arredor de 1000 pantallas a hospitais, centros de saúde, residencias de maiores e corpos de seguridade de diferentes concellos de Galicia.