A Incubadora High Tech Auto achégase aos centros educativos de FP de Galicia

O pasado venres, 30 de abril, celebrouse unha xornada telemática de presentación de High Tech Auto Incubadora aos centros educativos que ofertan ciclos formativos da familia de Transporte e mantemento de vehículos e outras familias profesionais relacionadas coa industria auxiliar do automóbil (electricidade e electrónica, instalación e mantemento, etc.) e aos centros con Viveiros de Emprendemento.

A HTA Incubadora é unha iniciativa froito da colaboración entre a Xunta de Galicia, o consorcio da Zona Franca de Vigo e a Fundación INCYDE, para o desenvolvemento de ideas empresarias no ámbito do sector da automoción, o sector auxiliar de componentes e os servizos avanzados para a industria da automoción.

Na xornada, que contou con máis de 250 asistentes dos centros interesados, trasladouse aos centros, ao profesorado e ao alumnado interesado os obxetivos, o funcionamento da incubadora e prazos para a presentación de ideas á convocatoria actualmente aberta (ata o 21 de maio).

Os centros, o profesorado e o alumnado interesado, pode obter máis información no seguinte documento (presentación da Incubadora HTA) e na páxina web da incubadora.

Etiquetas: