II Liga Nacional de Retos no Ciberespazo. Prazo de inscrición aberto

A II Liga Nacional de retos no Ciberespazo é unha cibercompetición organizada pola Garda Civil na que os estudantes se dan cita para enfrontarse a un ciber-reto, que reproduce un incidente informático semellante ao que nun momento dado podería sufrir unha gran empresa ou organismo público.

Poden participar todos aqueles estudantes, de entre 18 e 26 anos, matriculados no curso 2020-2021 nun ciclo formativo de grao superior ou que o estivesen no 2018-2019 e 2019-2020.

O prazo de inscrición remata o 2 de novembro ás 23:59 horas.

Etiquetas: