GaliciaSkills 2021. Competicións

Coidados auxiliares de enfermaría e atención sociosanitaria

Sede e data de celebración: IES Lamas de Abade (Santiago de Compostela), o día 08/10/2021
Horario da competición:

De 9:00 a 9:10. Recepción dos participantes e verificación de idades. Sorteo dos postos de competición.

De 9:10 a 9:20. Presentación e foto corporativa de grupo. Explicación das normas de competición.

Comezo da competición. 40 minutos cada participante e 5 min entre participantes. Dos 40 minutos, 30 son para a proba e 10 para seleccionar e comprobar material. Sorteo para establecer a orde de participación.

De 9:20 a 10:05. Primeiro participante. Primeira ronda.

De 10:05 a 10:50. Segundo participante. Primeira ronda.

De 10:50 a 11:30. Terceiro participante. Primeira ronda.

De 11:30 a 12:00. Descanso.

De 12:00 a 12:45. Cuarto participante. Primeira ronda.

De 12:45 a 13:30. Quinto participante. Primeira ronda.

De 13.30 a 14:10. Primeiro participante. Segunda ronda.

De 14:10 a 15:30. Xantar.

De 15:30 a 16:15. Segundo participante. Segunda ronda.

De 16:15 a 17:00. Terceiro participante. Segunda ronda.

De 17:00 a 17:45. Cuarto participante. Segunda ronda.

De 17:45 a 18:15. Descanso.

De 18:15 a 19:00. Quinto participante. Segunda ronda.

De 19:00 a 19:30. Avaliación por parte do xurado e entrega de premios.

Familias profesionais:
Sanidade
Servizos socioculturais e á comunidade
Centros e alumnado participante:
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, Óscar Estévez Bueno
CIFP Leixa, Nicolás Varela Villar
IES Lamas de Abade, Rebeca García Durán
IES García-Barbón, Carla Grande Novoa
IES Agra de Raíces, Andrea Castreje Canosa
Descrición da competición:

A proba consistirá na prestación de coidados asistenciais ao paciente/cliente, tanto no ámbito institucional como no ámbito domiciliario.

Os coidados prestados están relacionados con:

  • Mobilizacións, transferencias e traslados do paciente no seu medio, tendo en conta o seu estado e a posición anatómica recomendada e empregando os produtos de apoio necesarios.
  • Administración de medicamentos vía oral, rectal e tópica.
  • Administración de nutrición enteral.
  • Tarefas de hixiene persoal e vestidura favorecendo ao máximo a autonomía do paciente/cliente.
  • Toma de constantes vitais e rexistro gráfico.
  • Resposta ante situacións de emerxencia e risco para a saúde no desenvolvemento da actividade profesional, aplicando técnicas de primeiros auxilios.

As persoas participantes actuarán con responsabilidade e autonomía no ámbito da súa competencia, organizando e desenvolvendo as probas propostas no seu contorno de traballo, e aplicarán as medidas de prevención e seguridade tanto para o persoal profesional como para o paciente/cliente.

Xurado:
Presidente/a:
María Jesús Gestal Couselo

Vogais:
Diego Abeijón Martínez
María Soledad Gómez Cerradelo
Diana Pereiro Rivas
Laura Ríos Dalama
Eva Trasmonte Castiñeira
Medalla de ouro:
Andrea Castreje Canosa
Titor/a: Eva Trasmonte Castiñeira
Centro: IES Agra de Raíces
Medalla de prata:
Rebeca García Durán
Titor/a: Diana Pereiro Rivas
Centro: IES Lamas de Abade
Coidados auxiliares de enfermaría e atención sociosanitaria
Coidados auxiliares de enfermaría e atención sociosanitaria
Coidados auxiliares de enfermaría e atención sociosanitaria
Coidados auxiliares de enfermaría e atención sociosanitaria
Coidados auxiliares de enfermaría e atención sociosanitaria

Acceda á ficha das demais especialidades: