GaliciaSkills 2021. Competicións

Tecnoloxía da moda

Sede e data de celebración: CIFP Paseo das Pontes (Coruña, A), o día 07/10/2021
Horario da competición:

De 10:30 a 11:00.

  • Recepción das persoas competidoras.
  • Supervisión da documentación para acreditar que cumpran os requisitos para participar no campionato.
  • Recoñecemento do espazo e maquinaria na que se vai a desenvolver a proba. Poderase probar a maquinaria que utilizará cada concursante.
  • Supervisión do material que se pode empregar na proba.
  • Dúbidas dos competidores/as ou titores/as.
  • Foto corporativa de grupo.

De 11:00 a 12:15.

  • Elección por sorteo  do patrón e das características que se lle aplicarán o mesmo.
  • Comezo da proba.

De 12:30 a 14:30. Desenvolvemento da proba.

De 14:30 a 15:30. Xantar.

De 15:30 a 18:00. Desenvolvemento da proba.

De 18:00 a 18:30. Avaliación das probas.

Familias profesionais:
Téxtil, confección e pel
Centros e alumnado participante:
CIFP Manuel Antonio, Silvia Galván Tacón
CIFP Manuel Antonio, Patricia Álvarez Riande
CIFP Paseo das Pontes, Rocío Paz Ruíz
CIFP Paseo das Pontes, Alfonso Rodríguez Díez
Descrición da competición:

As persoas titoras escollerán ao azar o patrón da peza a realizar (corpo, vestido, saia ou pantalón).

Cada persoa participante elixirá ao azar as características que deberá aplicar á peza a realizar.

Cada persoa participante deberá realizar as seguintes tarefas:

  • Facer o deseño en plano coas especificacións para a costura.
  • Facer a patronaxe.
  • Cortar as pezas nos tecidos proporcionados.
  • Confeccionar e acabar a prenda.
Xurado:
Presidente/a:
Mª Dolores Seoane Iglesias

Vogais:
Raquel Álvarez González
María Cruz Iglesias Viqueira
Antonia Polo Grandío
Medalla de ouro:
Alfonso Rodríguez Díez
Titor/a: María Cruz Iglesias Viqueira
Centro: CIFP Paseo das Pontes
Medalla de prata:
Silvia Galván Tacón
Titor/a: Raquel Álvarez González
Centro: CIFP Manuel Antonio
Tecnoloxía da moda
Tecnoloxía da moda
Tecnoloxía da moda

Acceda á ficha das demais especialidades: