FPBásicaSkills Galicia 2022. Campionato Galego de Formación Profesional Básica e Programas Formativos

O 1º Campionato Galego de Formación Profesional Básica, FPBásicaSkills Galicia 2022, destinado a alumnado de FP Básica e de Programas Formativos, celebrarase entre o 24 de maio e o 1 de xuño en 6 centros educativos.

Trátase dun campionato eminentemente práctico, que consistirá no desenvolvemento de competicións relacionadas coas especialidades de formación profesional básica e programas formativos, nas que o alumnado participante medirá as súas destrezas e demostrará as súas capacidades na realización das correspondentes probas.

Nas 9 competicións paritciparán 111 alumnos e alumnas de 39 centros educativos.

Etiquetas: