Feira da Enerxía de Galicia
A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa estará presente na Feira da Enerxía de Galicia, en Silleda, os días 14, 15 e 16 de abril de 2016.
Trátase dunha exposición con propostas de moi diversos ámbitos enerxéticos na que estarán presentes as máis destacadas firmas do sector (enerxías renovables é convencionais, mobilidade, eficiencia enerxética, material e equipamento para instalacións...). A zona expositiva compleméntase cun interesante e completo programa de xornadas técnicas para a análise, a posta ao día e o intercambio de ideas.
No pavillón de Formación Profesional, ademais de atopar información relativa á oferta educativa dos ciclos formativos, estará presente unha representación de centros de formación profesional con proxectos relacionados coa temática da feira.
Pode acceder ao programa de actividades e á listaxe das entidades expositoras.
Toda a información sobre a Feira da Enerxía: contacto, horarios, localización...