Cursos de verán para a formación permanente do profesorado

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 660 prazas para a realización de cursos de verán para a formación permanente do profesorado, en convenio coa Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Modalidades:

  • Modalidade A: inclúe gastos de matrícula, aloxamento e manutención en réxime de pensión completa.
  • Modalidade B: dirixida aos participantes que residen na localidade onde se imparte o curso, inclúe gastos de matrícula e xantar.

Persoas beneficiarias:

Docentes e persoal especializado dos centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas reguladas na LOE, así como o persoal dos servizos técnicos de apoio nas citadas ensinanzas.

Prazo de presentación de solicitudes:

Desde o 13 de maio de 2017 ás 12:00 ata o 27 de maio de 2017 ás 12:00.