Convocatoria do premio Escola Emprendedora 2019

Está aberto o prazo para presentar candidaturas para o premio Escola Emprendedora 2019. Con este recoñecemento a Fundación Princesa de Girona axudará a difundir a labor da escola premiada, aumentará a súa visibilidade e permitirá que se converta nun referente da formación innovadora.

Para presentarse ao premio, será necesario que os centros educativos, públicos ou privados, conten cunha antigüidade superior aos 5 anos e desenvolvan a súa actividade nunha ou varias etapas educativas. As candidaturas deberán contar cunha carta de apoio por parte dunha organización, entidade ou institución representativa, xa sexa de España ou da Unión Europea, por exemplo concellos, consellos educativos ou institucións de recoñecido prestixio.

O galardón recoñece o compromiso do centro educativo co desenvolvemento do talento emprendedor nas aulas e coa innovación educativa. O prazo de presentación de candidaturas remata o 31 de marzo de 2019.

Etiquetas: