IN32 - e-Moto: transformación de moto de combustión a moto eléctrica

Familias profesionais:
Transporte e mantemento de vehículos
Centro educativo coordinador: CIFP Ferrolterra, Ferrol
Centros colaboradores:
CIFP Ferrolterra
Centros colaboradores:
DIM Formación Mecánica
Desguaces Vilavella
Obxectivos:

•    Construír un prototipo de moto eléctrica co que poder realizar medicións de parámetros, curvas de traballo e autonomía.
•    Desenvolver as tecnoloxías necesarias para a devandita conversión, abordando aspectos técnicos, de seguridade e regulamentarios.
•    Sensibilizar e concienciar a sociedade sobre a importancia da mobilidade sustentable.

Síntese do proxecto:

Transformación dunha moto de combustión interna nunha moto eléctrica, co propósito de impulsar a mobilidade sustentable e contribuír á redución da pegada de carbono.

Participantes:

Coordinador: Víctor Manuel Allegue Miño