O CIFP Someso e CIFP Politécnico de Santiago únense á Rede Estatal de Excelencia de FP

O CIFP Someso da Coruña e CIFP Politécnico de Santiago de Compostela únense á Rede Estatal de Excelencia de Formación Profesional.

Estes centros ocupan 2 das 17 prazas dispoñibles na proposta de resolución do Ministerio de Educación y Formación Profesional, onde se valorou a súa capacidade para ser referentes nos ámbitos da innovación e investigación así como do emprendemento activo no ámbito local e autonómico

O CIFP Someso fai unha aposta pola innovación educativa no sector da construción empregando metodoloxías de aprendizaxe activa que fagan uso de tecnoloxías disruptivas. Polo seu lado, o CIFP Politécnico de Santiago impulsará a formación do sector químico e biotecnolóxico, centrándose na actualización metodolóxica e a innovación.

Deste xeito, Galicia conta con cinco centros nesta rede. A parte dos dous mencionados, tamén forman parte o CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, CIPF As Mercedes de Lugo e CIFP Ánxel Casal-Monte Alto da Coruña.

Etiquetas: