SSAN09
SSAN09 - Hixiene bucodental
Que se aprende a facer?
Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o desenvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a exploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólgo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.
En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario público e no privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Poden integrarse nun equipo de prevención e atención sanitaria, coordinado por un/unha facultativo/a. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en hixiene bucodental. Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental. Educador/ora en saúde bucodental.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP0731 | Estudo da cavidade oral | 213 | 8 | |
1º | MP0732 | Exploración da cavidade oral | 134 | 5 | |
1º | MP1370 | Fisiopatoloxía xeral | 213 | 8 | |
1º | MP0739 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0733 | Intervención bucodental | 213 | 8 | |
1º | MP0730 | Recepción e loxística na clínica dental | 80 | 3 | |
2º | MP0740 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP0741 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP0738 | Proxecto de hixiene bucodental | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).