SSAN05
SSAN05 - Laboratorio clínico e biomédico
Que se aprende a facer?
Realizar estudos analíticos de mostras biolóxicas, seguindo os protocolos normalizados de traballo, aplicando as normas de calidade, seguridade e ambientais establecidas, e valorando os resultados técnicos, para que sirvan como soporte á prevención, ao diagnóstico, ao control da evolución e ao tratamento da doenza, así como á investigación, seguindo os protocolos establecidos na unidade asistencial.
En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario, en organismos e institucións do ámbito público e en empresas privadas, na área do laboratorio de análises clínicas, así como no diagnóstico, no tratamento, na xestión e na investigación. Actúan como traballadores/as dependentes en organismos ou institucións pequenos, medianos ou grandes. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración sanitaria estatal.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en laboratorio de diagnóstico clínico. Técnico/a especialista en laboratorio. Axudante técnico en laboratorio de investigación e experimentación. Axudante técnico en laboratorio de toxicoloxía. Delegado/a comercial de produtos hospitalarios e farmacéuticos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1369 | Bioloxía molecular e citoxenética | 187 | 7 | |
1º | MP1370 | Fisiopatoloxía xeral | 213 | 8 | |
1º | MP1376 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP1368 | Técnicas xerais de laboratorio | 240 | 9 | |
1º | MP1367 | Xestión de mostras biolóxicas | 213 | 8 | |
2º | MP1371 | Análise bioquímica | 175 | 10 | |
2º | MP1377 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1378 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
2º | MP1373 | Microbioloxía clínica | 157 | 9 | |
2º | MP1375 | Proxecto de laboratorio clínico e biomédico | 26 | ||
2º | MP1374 | Técnicas de análise hematolóxica | 175 | 10 | |
2º | MP1372 | Técnicas de inmunodiagnóstico | 70 | 4 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2022-2023.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Coruña, A | 15022607 | CIFP Ánxel Casal - Monte Alto | 881960122 |
Coruña, A | 15021986 | CPR Cruz Roja Española | 981169163 |
Ferrol | 15021469 | CIFP Leixa | 881938125 |
Noia | 15026731 | IES Campo de San Alberto | 881867135 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Lugo | 27006516 | CIFP Politécnico de Lugo | 982220328 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32008902 | CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel | 988788470 |
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Pontevedra | 36006730 | IES Frei Martín Sarmiento | 986852654 |
Vigo | 36013448 | CIFP Manuel Antonio | 886120750 |
Vigo | 36011622 | CPR Aloya | 986420722 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2022-2023.
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).