SQUI50

 

SQUI50 - Cultivos celulares

Curso de especialización
Familia: Química
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 600
Código: SQUI50
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Obter, procesar e preservar cultivos celulares e tisulares, para serviren como apoio ao diagnóstico, aos ensaios terapéuticos, á procura de medicamentos, á creación e ao mantemento de bancos celulares, á investigación e a outros campos de interese, mantendo as instalacións e os equipamentos involucrados nos procesos e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos e protección ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Empresas ou laboratorios de sectores nos que cumpra realizar cultivos celulares. O sector do laboratorio biomédico e biotecnolóxico é o que actualmente desenvolve estas técnicas, así como as industrias biofarmacéuticas dedicadas á obtención de produtos biotecnolóxicos, tanto en sectores que teñan como principal actividade a utilización de organismos vivos ou os seus compoñentes, como naquelas outras que, malia non telo como a súa actividade principal, poidan innovar con técnicas de produción biotecnolóxica sobre algúns produtos e procesos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en cultivos celulares.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5005 Aplicacións de cultivos celulares 94 6
MP5001 Cultivos celulares 133 8
MP5006 Formación en centros de traballo 120
MP5004 Laboratorio de cultivos celulares 67 4
MP5003 Normas de calidade e regulación aplicables a cultivos celulares 53 4
MP5002 Técnicas complementarias en cultivos celulares 133 8

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto 881960122

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32008902 CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel 988788470




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).