SIMA51
SIMA51 - Fabricación intelixente
Que se aprende a facer?
Desenvolver e xestionar proxectos de adaptación de procesos produtivos, identificando os obxectivos de produción, tendo en conta os indicadores clave de rendemento (KPI), aplicando tecnoloxías avanzadas de control da produción e cumprindo os requisitos de calidade e seguridade.
En que ámbitos se traballa?
Empresas públicas e privadas do sector de produción industrial e cun importante compoñente de automatización, cuxas actividades teñan unha clara tendencia á integración de todos os seus sistemas dixitais de operación e xestión.
Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en sistemas de fabricación intelixente.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP5013 | Contornos conetados a rede e Internet das cousas | 96 | 6 | |
1º | MP5015 | Formación en centros de traballo | 120 | ||
1º | MP5012 | Metroloxía e instrumentación intelixente | 96 | 6 | |
1º | MP5011 | Procesos produtivos intelixentes | 192 | 12 | |
1º | MP5014 | Virtualización de máquinas e procesos produtivos | 96 | 6 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).