SIMA50

 

SIMA50 - Dixitalización do mantemento industrial

Curso de especialización
Familia: Instalación e mantemento
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 600
Código: SIMA50
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Implantar e xestionar proxectos de dixitalización do mantemento en contornos industriais, aplicando as tecnoloxías de última xeración e cumprindo os requisitos de calidade, seguridade e respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Empresas públicas e privadas dos sectores relacionados co mantemento industrial con gran potencial para a mellora da súa xestión e dixitalización.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en dixitalización do mantemento industrial, experto/a en automatización e dixitalización industrial, e responsable en dixitalización industrial.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5032 Estratexias do mantemento industrial 167 10
MP5012 Metroloxía e instrumentación intelixente 100 6
MP5034 Monitorización de maquinaria, sistemas e equipos 83 5
MP5033 Seguridade no mantemento industrial 117 7
MP5035 Sistemas avanzados de axuda ao mantemento 133 8

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32009131 IES Universidade Laboral 988788486




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).