SIMA03
SIMA03 - Mecatrónica industrial
Que se aprende a facer?
Configurar e optimizar sistemas mecatrónicos industriais, así como planificar, supervisar e/ou executar a súa montaxe e o seu mantemento, seguindo os protocolos de calidade, de seguridade e de prevención de riscos laborais, e de respecto ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas, maioritariamente privadas, dedicadas ao desenvolvemento de proxectos, a xestión e a supervisión da montaxe, e o mantemento de sistemas mecatrónicos ou instalacións de maquinaria, equipamento industrial e liñas automatizadas, por conta propia ou allea.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en planificación e programación de procesos de mantemento de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de montadores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial; xefe/a de equipo de mantedores/as de instalacións de maquinaria e equipamento industrial.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0938 | Elementos de máquinas | 107 | 4 | |
| 1º | MP0946 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
| 1º | MP0939 | Procesos de fabricación | 213 | 8 | |
| 1º | MP0940 | Representación gráfica de sistemas mecatrónicos | 133 | 5 | |
| 1º | MP0937 | Sistemas eléctricos e electrónicos | 213 | 8 | |
| 1º | MP0935 | Sistemas mecánicos | 187 | 7 | |
| 2º | MP0947 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
| 2º | MP0948 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
| 2º | MP0945 | Proxecto de mecatrónica industrial | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).