SIFC51

 

SIFC51 - Desenvolvemento de videoxogos e realidade virtual

Curso de especialización
Familia: Informática e comunicacións
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 600
Código: SIFC51
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Deseñar e desenvolver videoxogos para diferentes dispositivos e plataformas, garantindo a experiencia do usuario, utilizando ferramentas de última xeración que permitan actuar en todas as fases do seu desenvolvemento, así como aplicacións interactivas de realidade virtual e aumentada.

 

En que ámbitos se traballa?
Empresas, públicas e privadas do sector dos videoxogos, así como crear o seu propio estudo de desenvolvemento de videoxogos.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Desarrollador de videoxogos, responsable de probas de videoxogos, responsable do proceso de creación de videoxogos, deseñador gráfico2D e 3D de videoxogos, desarrollador de aplicacións de realidade virtual, aumentada e mixta.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5049 Deseño gráfico 2D e 3D 136 8
MP5052 Deseño, xestión, publicación e produción 136 8
MP5048 Programación e motores de videoxogos 146 8
MP5050 Programación en rede e intelixencia artificial 91 5
MP5051 Realidade virtual e realidade aumentada 91 5

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Lugo 27015773 IES Muralla Romana 982828081

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32008902 CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel 988788470




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).