SIFC50

 

SIFC50 - Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información

Curso de especialización
Familia: Informática e comunicacións
Sistema educativo: LOE
Grao: superior
Horas: 720
Código: SIFC50
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Definir e pór en práctica estratexias de seguridade nos sistemas de información, mediante a realización de diagnósticos de ciberseguridade e a identificación de vulnerabilidades, así como a execución de medidas necesarias para as arranxar, aplicando a normativa e os estándares do sector, consonte protocolos de calidade, de prevención de riscos laborais e de respecto ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Sectores nos que cumpra establecer mecanismos e medidas para a protección dos sistemas de información e das redes de comunicacións.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Experto/a en ciberseguridade, auditor/a de ciberseguridade, consultor/a de ciberseguridade e hacker ético/a.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5024 Análise forense informático 120 5
MP5022 Bastionado de redes e sistemas 160 6
MP5025 Hacking ético 120 5
MP5021 Incidentes de ciberseguridade 140 6
MP5026 Normativa de ciberseguridade 60 3
MP5023 Posta en produción segura 120 5

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ferrol 15006778 CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro 881930145
Santiago de Compostela 15021482 IES San Clemente 881867501




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).