SIFC03
SIFC03 - Desenvolvemento de aplicacións web
Que se aprende a facer?
A competencia xeral deste título consiste en desenvolver, implantar e manter aplicacións web, con independencia do modelo empregado e utilizando tecnoloxías específicas, garantindo o acceso aos datos de xeito seguro e cumprindo os criterios de accesibilidade, usabilidade e calidade esixidos nos estándares establecidos.
En que ámbitos se traballa?
As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en empresas ou entidades públicas ou privadas, por conta allea ou por conta propia, e desempeñan o seu traballo na área de desenvolvemento de aplicacións informáticas relacionadas con contornos web (intranet, extranet e internet).
Que ocupacións se desempeñan?
Programador/ora web; programador/ora multimedia; desenvolvedor/ora de aplicacións en contornos web.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0484 | Bases de datos | 187 | 7 | |
| 1º | MP0487 | Contornos de desenvolvemento | 107 | 4 | |
| 1º | MP0617 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
| 1º | MP0373 | Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información | 133 | 5 | |
| 1º | MP0485 | Programación | 240 | 9 | |
| 1º | MP0483 | Sistemas informáticos | 186 | 7 | |
| 2º | MP0618 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
| 2º | MP0619 | Formación en centros de traballo | 384 | ||
| 2º | MP0616 | Proxecto de desenvolvemento de aplicacións web | 26 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).