S18002
S18002 - Química ambiental
Que se aprende a facer?
Organizar e xestionar os medios e medidas de protección ambiental. Inspeccionar e controlar instalacións para prevención e conservación do ambiente, analizar as mostras de afluentes e efluentes e propor e establecer as medidas correctoras necesarias.
En que ámbitos se traballa?
Medio ambiente ligado á produción, depuración e control de calidade de contaminantes.
Que ocupacións se desempeñan?
Analista de auga en laboratorios. Encargado de recuperación en industrias papeleiras. Seguridade ambiental en fabricación.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | CS0403 | Control de emisións á atmosfera | 110 | 4 | |
1º | CS0404 | Control de residuos | 130 | 5 | |
1º | CS0405 | Depuración de augas | 240 | 9 | |
1º | CS0FOL | Formación e orientación laboral | 55 | 2 | |
1º | CSHC50 | Horas á disposición do centro | 50 | 2 | |
1º | CS0416 | Organización e xestión da protección ambiental | 130 | 5 | |
1º | CS0425 | Proxecto integrado | 80 | 3 | |
1º | CS0RCT | Relacións no contorno de traballo | 55 | 2 | |
1º | CS0432 | Seguridade química e hixiene industrial | 110 | 4 | |
2º | CS0409 | Formación en centros de traballo | 440 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).