S02002
S02002 - Animación de actividades físicas e deportivas
Que se aprende a facer?
Ensinar e dinamizar xogos, actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos, e actividades de acondicionamento físico básico, adaptándoos ás características do medio e ás dos participantes, conseguindo a satisfacción do usuario e un nivel competitivo de calidade, nos límites de gasto previsto.
En que ámbitos se traballa?
Programación, ensino, dinamización e avaliación de actividades. Dirección e animación de grupos e avaliación da condición física.
Que ocupacións se desempeñan?
Promotor de actividades físico-deportivas, animador de actividades físicas e deportivas, coordinador de actividades polideportivas, monitor de actividades físico-deportivas recreativas individuais, de equipo e con implementos.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | CS0018 | Actividades físico-deportivas con implementos | 160 | 6 | |
1º | CS0020 | Actividades físico-deportivas individuais | 210 | 8 | |
1º | CS0021 | Animación e dinámica de grupos | 110 | 4 | |
1º | CS0023 | Fundamentos biolóxicos e bases do acondicionamento físico | 185 | 7 | |
1º | CSHC75 | Horas á disposición do centro | 75 | 3 | |
1º | CS0024 | Metodoloxía didáctica das actividades físico-deportivas | 110 | 4 | |
1º | CS0028 | Xogos e actividades físicas recreativas para animación | 110 | 4 | |
2º | CS0017 | Actividades físicas para persoas con discapacidades | 55 | 3 | |
2º | CS0019 | Actividades físico-deportivas de equipo | 255 | 14 | |
2º | CS0FOL | Formación e orientación laboral | 55 | 3 | |
2º | CS0022 | Formación en centros de traballo | 380 | ||
2º | CS0025 | Organización e xestión dunha pequena empresa de actividades de tempo libre e socioeducativas | 110 | 6 | |
2º | CS0026 | Primeiros auxilios e socorrismo acuático | 110 | 6 | |
2º | CS0027 | Proxecto integrado | 75 | 4 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).