MHOT50

 

MHOT50 - Panadaría e bolaría artesanais

Curso de especialización
Familia: Hostalaría e turismo
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 600
Código: MHOT50
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Elaborar, presentar e maridar produtos tradicionais de panadería e bolería artesanais, doces e salgados, con ou sen recheo, a partir de masas nai de cultivo
e prefermentos con cereais tradicionais, especiais e pseudocereales, respectando os requirimentos da elaboración artesá e aplicando técnicas actuais con creatividade e innovación, cumprindo a normativa vixente de seguridade alimentaria, prevención de riscos e protección medio ambiental.

 

En que ámbitos se traballa?
Obradoiros artesanais ou semindustriales que elaboran produtos de panadería, pastelería e confeitería; así como no sector de hostalería, subsector de restauración e como elaborador por conta propia ou allea. Tamén exerce a súa actividade no sector do comercio da alimentación naqueles establecementos que elaboran e venden produtos de panadería, pastelería e repostería

 

Que ocupacións se desempeñan?
Mestre Panadeiro, elaborador de bolería, elaborador de masas e bases de pizza, reposteiro, catador de produtos de panificación artesanal.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP5019 Bolaría artesá e follados 164
MP5020 Cata e maridaxe de produtos de panificación 54
MP5016 Masas nai de cultivo e prefermentos 118
MP5018 Pans artesáns de cereais tradicionais, especiais e pseudocereais 164
MP5017 Tecnoloxía do frío aplicada á panadaría artesanal 100

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2021-2022.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15027897 CIFP Paseo das Pontes 881961030

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Pontevedra 36020064 CIFP Carlos Oroza 886159545
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).