MFME02
MFME02 - Soldadura e caldeiraría
Que se aprende a facer?
Executar os procesos de fabricación, montaxe e reparación de elementos de caldeiraría, canalizacións, estruturas metálicas e carpintaría metálica aplicando as técnicas de soldadura, de mecanizado e de conformación, e cumprindo as especificacións de calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
Nas industrias de fabricación, reparación e montaxe de produtos de caldeiraría, carpintaría e estrutura relacionadas cos subsectores de construcións metálicas e navais, e de fabricación de vehículos de transporte, encadradas no sector industrial.
Que ocupacións se desempeñan?
Soldador/ora e oxicortador/ora. Operador/ora de proxección térmica. Chapista e caldeireiro/eira. Montador/ora de estruturas metálicas. Carpinteiro/eira metálico/a. Tubeiro/eira industrial de industria pesada.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0096 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
| 1º | MP0007 | Interpretación gráfica | 133 | 5 | |
| 1º | MP0092 | Mecanizado | 160 | 6 | |
| 1º | MP0093 | Soldadura en atmosfera natural | 347 | 13 | |
| 1º | MP0091 | Trazado, corte e conformación | 213 | 8 | |
| 2º | MP0097 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
| 2º | MP0098 | Formación en centros de traballo | 410 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).