MEOC02
MEOC02 - Obras de interior, decoración e rehabilitación
Que se aprende a facer?
Organizar e executar os acabamentos de construción en obra nova, reforma e rehabilitación, realizando chans, particións e teitos, mediante a instalación de paneis ou pezas prefabricadas, a colocación de placas ou láminas, a aplicación de revestimentos continuos e a pintura de superficies, cumprindo as condicións e os prazos establecidos,así como as prescricións de calidade, de seguridade e ambientais.
En que ámbitos se traballa?
Sector da construción, en pequenas, medianas e grandes empresas construtoras, e en Administracións públicas, por conta allea ou propia, desenvolvendo traballos de obras de interior e decoración para a construción, a rehabilitación, o mantemento e a reforma en edificación e obra civil.
Que ocupacións se desempeñan?
Xefe/a de equipo de revestimentos con pastas e morteiros; xefe/a de equipamento e/ouencargado/a de azulexadores/as e solladores/as; xefe/a de equipo de instaladores/as de sistemas prefabricados de xeso laminado ou falsos teitos; xefe/a de equipo e/ouencargado/a de pintores/as e empapeladores/as; aplicador/ora de revestimentos continuos de fachadas; revocador/ora de construción; alicatador/ora sollador/ora; instalador/ora de placa de xeso laminado; instalador/ora de falsos teitos; xunteiro/a de placa de xeso laminado; colocador/ora de prefabricados lixeiros en construción; colocador/ora de pavimentos lixeiros, en xeral; colocador/ora de moqueta; instalador/ora de pavimentos elevados rexistrables; instalador/ora de sistemas de anteparos e paneis técnicos; pintor/ora e/ou empapelador/ora; pintor/ora de interiores; pintor/ora decorador/ora de interiores; pintor/ora de obra; pintor/ora de fachadas de edificación.
Cales son os módulos?
Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
---|---|---|---|---|---|
1º | MP1196 | Anteparos e chans técnicos | 107 | 4 | |
1º | MP0995 | Construción | 133 | 5 | |
1º | MP1201 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
1º | MP0996 | Interpretación de planos de construción | 107 | 4 | |
1º | MP1195 | Particións prefabricadas | 187 | 7 | |
1º | MP1194 | Revestimentos continuos | 187 | 7 | |
1º | MP1197 | Teitos suspendidos | 132 | 5 | |
2º | MP1202 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
2º | MP1203 | Formación en centros de traballo | 410 | ||
2º | MP1200 | Organización de traballos de interior, decoración e rehabilitación | 70 | 4 | |
2º | MP1199 | Pintura decorativa en construción | 192 | 11 | |
2º | MP1198 | Revestimentos lixeiros | 123 | 7 | |
2º | MP1003 | Solados, azulexados e chapados | 192 | 11 |
Réxime ordinario
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2022-2023.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ourense | 32015050 | CIFP A Farixa | 988783012 |
Réxime de persoas adultas na modalidade presencial
Oferta parcial, por módulos, de ciclos de formación profesional inicial en centros públicos polo réxime de persoas adultas na modalidade presencial. Curso 2022-2023.
Modalidade de formación profesional dual
Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2022-2023.
Concello | Código | Centro educativo | Teléfono |
---|---|---|---|
Ribeira | 15014556 | CIFP Coroso | 881866874 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).