MARG02
MARG02 - Preimpresión dixital
Que se aprende a facer?
Realizar as operacións de ensamblaxe para publicacións electrónicas, tratamento e compaxinación de textos e imaxes, imposición de páxinas, obtención dixital das formas impresoras e impresión con procedementos dixitais, asegurando a calidade e cumprindo a normativa de seguridade e protección ambiental.
En que ámbitos se traballa?
En empresas de artes gráficas, prensa, editoriais, comunicación, publicidade, servizos gráficos e de publicacións multimedia, ou en calquera sector produtivo cuxas empresas requiran un departamento de preimpresión dixital que poida ter sección de dixitalización de imaxes, realización de publicacións electrónicas, tratamento de textos e imaxes,compaxinación e maquetaxe, imposición de páxinas, obtención dixital de formas impresoras e impresión dixital.
Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en preimpresión, técnico/a en tratamento de textos, técnico/a en tratamento deimaxes, maquetador/ora compaxinador/ora dixital, técnico/a en publicacións electrónicas e multimedia, preparador/ora de ficheiros dixitais, escanista especialista de cor, técnico/a en imposición dixital, operador/ora de equipamentos de filmación de computador a prancha(computer to plate - CTP), operador/ora de equipamentos de filmación de computador apantalla (computer to screen - CTS), operador/ora de equipamentos de filmación de computador a fotopolímero (computer to photopolymer - CTP), técnico en impresión dixital.
Cales son os módulos?
| Curso | Código | Módulo profesional | Horas | Períodos semanais | |
|---|---|---|---|---|---|
| 1º | MP0872 | Ensamblaxe de publicacións electrónicas | 213 | 8 | |
| 1º | MP0874 | Formación e orientación laboral | 107 | 4 | |
| 1º | MP0871 | Identificación de materiais en preimpresión | 133 | 5 | |
| 1º | MP0867 | Tratamento de imaxes en mapa de bits | 267 | 10 | |
| 1º | MP0866 | Tratamento de textos | 240 | 9 | |
| 2º | MP0875 | Empresa e iniciativa emprendedora | 53 | 3 | |
| 2º | MP0876 | Formación en centros de traballo | 410 |
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).