MAGA02

 

MAGA02 - Produción agropecuaria

Ciclo formativo
Familia: Agraria
Sistema educativo: LOE
Grao: medio
Horas: 2000
Código: MAGA02
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Realizar as actividades axeitadas para a obtención de produtos e subprodutos agropecuarios atendendo a criterios de calidade e rendibilidade, realizando operacións de produción e de mantemento das instalacións e dos equipamentos, conforme a lexislación de protección ambiental, de prevención de riscos laborais, de benestar animal e de seguridade alimentaria.

 

En que ámbitos se traballa?
En empresas públicas e privadas dedicadas ao cultivo e/ou á produción gandeira, por conta allea ou por conta propia. Sitúanse dentro do sector agropecuario as seguintes actividades produtivas: explotacións frutícolas, hortícolas e de cultivos herbáceos; explotacións pecuarias; institucións de investigación e experimentación en cultivos e en produción gandeira; empresas de servizo á agricultura e á gandaría; viveiros e hortas escolares; granxas escola.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Traballador/ora cualificado/a por conta allea en cultivos e gandaría, traballador/ora cualificado/a por conta propia en cultivos e gandaría, agricultor/ora, horticultor/ora, fruticultor/ora, floricultor/ora, criador/ora de gando, avicultor/ora, apicultor/ora, produtor/ora de leite, produtor/ora de ovos, operador/ora de maquinaria agrícola e gandeira.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP0480 Formación e orientación laboral 107 4
MP0404 Fundamentos agronómicos 159 6
MP0405 Fundamentos zootécnicos 160 6
MP0475 Implantación de cultivos 160 6
MP0408 Infraestruturas e instalacións agrícolas 107 4
MP0409 Principios de sanidade vexetal 107 4
MP0407 Taller e equipamentos de tracción 160 6
MP0479 Control fitosanitario 87 5
MP0481 Empresa e iniciativa emprendedora 53 3
MP0482 Formación en centros de traballo 410
MP0476 Produción agrícola 193 11
MP0478 Produción de carne e outras producións gandeiras 157 9
MP0477 Produción de leite, ovos e animais para vida 140 8

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2020-2021.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Boqueixón 15013254 CFEA de Sergude 881867325
Coristanco 15021974 EFAG Fonteboa 981733051

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2020-2021.

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Xinzo de Limia 32014801 IES Cidade de Antioquía 988788534




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).