D3SEA000400

 

D3SEA000400 - LOOIFP | Química e saúde ambiental

Ciclo formativo
Familia: Seguridade e medio ambiente
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3SEA000400
Documentación: RD

Que se aprende a facer?
Vixiar e controlar os efectos sobre a saúde dos factores de risco ambiental e alimentario, participar na posta en marcha e no desenvolvemento de sistemas de xestión ambiental e intervir en programas de educación para a saúde pública e comunitaria, baixo a supervisión, de ser o caso, do/da superior responsable, de acordo cos protocolos establecidos, respectando a normativa de referencia, e en condicións de calidade e seguridade.

 

En que ámbitos se traballa?
No ámbito sanitario dentro da área da saúde pública ou privada, en sectores produtivos potencialmente contaminadores e na administración estatal, autonómica e local en servizos relacionados coa saúde e/ou o ambiente. Poden formar parte de equipos de inspección sanitaria, de laboratorios de análises, centros de investigación, centros universitarios, explotacións agrarias e empresas de servizos de control ambiental.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a en xestión ambiental, coordinador/a de sistemas de xestión ambiental, programador/a de actividades ambientais, documentalista ambiental, técnico/a de control sanitario (alimentos, augas, atmosfera, residuos...), técnico/a de control de contaminación atmosférica, técnico/a de control de contaminación acústica, técnico/a de control de organismos nocivos, técnico/a en control de pragas no medio urbano e na contorna natural asociada, e comercial de información de produtos biocidas e fitosanitarios.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
MP1548 Control de augas 319 12
MP1553 Control de organismos nocivos 160 6
MP1549 Control de residuos 107 4
MP1547 Educación para a saúde e o ambiente 107 4
MP0179 Inglés profesional (GS) 60 2
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 107 4
MP1546 Sistemas de xestión ambiental 70 3
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS) 30 1
MP1552 Contaminación ambiental e atmosférica 219 8
MP1551 Control e seguridade alimentaria 300 11
MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) 30 1
MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) 60 2
MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
MP1555 Proxecto intermodular de química e saúde ambiental 50
MP1550 Saúde e riscos do medio construído 164 6
MP1554 Unidade de saúde ambiental 137 5

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto 881960122
Ferrol 15006742 IES Concepción Arenal 881930170
Santiago de Compostela 15015767 CIFP Politécnico de Santiago 881867601

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Burela 27013958 IES Monte Castelo 982828241

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32008902 CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel 988788470

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Coruña, A 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto 881960122

Lugo



Concello Código Centro educativo Teléfono
Burela 27013958 IES Monte Castelo 982828241




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).