D3SAN000900

 

D3SAN000900 - LOOIFP | Hixiene bucodental

Ciclo formativo
Familia: Sanidade
Sistema educativo: LOOIFP
Grao: superior
Horas: 2000
Código: D3SAN000900
Documentación: RD
DOG
DOC

Que se aprende a facer?
Promover a saúde bucodental das persoas e da comunidade, mediante o desenvolvemento de actividades preventivas e técnico-asistenciais que inclúen a exploración, a avaliación, a promoción e a realización de técnicas odontolóxicas en colaboración co/coa odontólgo/a o/a médico/a estomatólogo/a. Como membro dun equipo de saúde bucodental realizará a súa actividade profesional con criterios de calidade, seguridade e optimización de recursos.

 

En que ámbitos se traballa?
No sector sanitario público e no privado, na área de atención sanitaria e promoción da saúde, formando parte de equipos estruturados de saúde bucodental, de equipos de atención primaria, nas unidades de promoción da saúde, e en consultas ou gabinetes dentais privados. Poden integrarse nun equipo de prevención e atención sanitaria, coordinado por un/unha facultativo/a. Desenvolven funcións de organización e xestión na unidade ou no gabinete dental de traballo, prestan servizos asistenciais e preventivos á comunidade e controlan a súa calidade a través de actividades de vixilancia epidemiolóxica e de educación sanitaria. A súa actividade profesional está sometida a regulación pola Administración competente.

 

Que ocupacións se desempeñan?
Técnico/a superior en hixiene bucodental. Técnico/a especialista hixienista dental. Hixienista bucodental. Educador/ora en saúde bucodental.

 

Cales son os módulos?

Curso Código Módulo profesional Horas Períodos semanais
CS0453 Educación sanitaria e promoción da saúde
CS0455 Exploración bucodental
CS0484 Organización e xestión da área de traballo asignada na unidade/gabinete de hixiene bucodental
CS0480 Prevención bucodental
CS0499 Proxecto integrado
CS0512 Vixilancia epidemiolóxica bucodental
MP0731 Estudo da cavidade oral 183 7
MP0732 Exploración da cavidade oral 104 4
MP1370 Fisiopatoloxía xeral 183 7
MP0179 Inglés profesional (GS) 60 2
MP0733 Intervención bucodental 213 8
MP1709 Itinerario persoal para a empregabilidade I 107 4
MP0730 Recepción e loxística na clínica dental 80 3
MP1708 Sostibilidade aplicada ao sistema produtivo 30 1
MO0004 Afondamento nas competencias profesionais (GS) 30 1
MP0736 Conservadora, periodoncia, cirurxía e implantes 245 9
MP1665 Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS) 30 1
MP0735 Educación para a saúde oral 137 5
MP0734 Epidemioloxía en saúde oral 137 5
MO0002 Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS) 60 2
MP1710 Itinerario persoal para a empregabilidade II 50 2
MP0020 Primeiros auxilios 82 3
MP0737 Prótese e ortodoncia 219 8
MP0738 Proxecto intermodular de hixiene bucodental 50

Réxime ordinario

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos polo réxime ordinario. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Arzúa 15020313 EFAG El Piñeiral 981500580
Coruña, A 15022607 CIFP Ánxel Casal - Monte Alto 881960122
Ferrol 15021469 CIFP Leixa 881938125

Ourense



Concello Código Centro educativo Teléfono
Ourense 32008902 CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel 988788470

Pontevedra



Concello Código Centro educativo Teléfono
Vigo 36013448 CIFP Manuel Antonio 886120750
Vigo 36010794 CPR Fillas de María Inmaculada 986423988

Modalidade de formación profesional dual

Oferta educativa de formación profesional inicial en centros sostidos con fondos públicos na modalidade de formación profesional dual. Curso 2023-2024.

A Coruña



Concello Código Centro educativo Teléfono
Cee 15003212 IES Agra de Raíces 881880486




Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa da oferta de ciclos formativos).